O vindeiro 19 de marzo, a ANPA Os Rosais organiza, no salón de actos do colexio, unha sesión informativa e formativa sobre a saúde emocional dirixida a pais e nais do alumnado de Infantil e Primaria e EXCLUSIVA PARA SOCIOS DA ANPA. A sesión será impartida por Sarai Molina Gómez, psicóloga especializada no traballo con infancia, adolescencia e as súas familias.
Durante esta charla, afondaremos en diversos aspectos chave sobre a saúde emocional dos nosos fillos e fillas, ofrecendo recursos prácticos e estratexias que poden ser de gran axuda no ámbito familiar. A intervención será centrada en comprender mellor como se desenvolven as emocións e as súas expresións nos nenos e adolescentes, así como a importancia de acompañar este proceso de maneira adecuada.
Contido da sesión:
- A comprensión do desenvolvemento bio-psico-social na infancia e adolescencia.
- Educación e familia hoxe: da familia modelo ós modelos de familia.
- Que é a saúde emocional/mental? Concepto, evolución e que factores afectan á nosa saúde emocional.
- Manifestacións e expresións emocionais: do común ó patolóxico.
- Dinámicas preventivas e modelos de intervención familiar.
Hora: Mércores 19 de marzo de 2025 as 20:00
Lugar: Salón de actos do CEIP Amadeo Rodriguez Barroso
Non faltes! A saúde emocional dos nosos fillos e fillas é fundamental para o seu benestar e desenvolvemento. Acompáñanos nesta charla para coñecer mellor como apoiar aos teus fillos e fillas no seu crecemento emocional e familiar.
Descarga do cartel: https://www.anpaosrosais.es/wp-content/uploads/2025/03/Crecendo-Emocionalmente.pdf