ANPA Os Rosais

Dende a Anpa “Os Rosais”, dámosvos a benvida.

Nas seguintes liñas, queremos explicarvos un pouco cal é a nosa labor e cales son as actividades que levamos a cabo.

En primeiro lugar dicirvos que contamos cunha APP na que se vai colgando de forma actualizada toda a información que vos pode resultar de interese. Podedes descargala, tanto para Android coma para IOs, premendo aquí

Ademais, contamos con:

A cota de socio é de 25€/ano por unidade familiar. Todas as actividades que organizamos son exclusivas para socios. 

Con dita cota, desenvolvemos actividades nas que o alumno e familiares participan de maneira gratuíta (festas do magosto, chocolatada de nadal, entroido e fin de curso) e outras nas que a ANPA colabora co centro (Teatro de Outono, visita de Papá Noel, viaxe de fin de curso para os alumnos de 6º de Primaria).

Con respecto os servizos de acollida, almorzo e comedor, dicirvos que se trata dun servizo realizado pola empresa Gallego Catering . O servicio de acollida e almorzo é de 7:30 a 9:00 e o comedor de 14:00 a 16:00. Ditos servizos están dispoñibles para todos os socios da ANPA cun custo de: COMEDOR 98€/mes; ALMORZO 49,00€/mes; ACOLLIDA 38,50€/mes.

Por outra banda, organizamos as actividades extraescolares, en horario de luns a venres de 16:00 a 17:00 (salvo excepcións), cun custo de entre 15 e 20€/mes dependendo da actividade. Entre outras, ofertamos: fútbol, baloncesto, wushu, robótica, teatro, minichef, inglés, patinaxe, bicicleta, hockey…

Con todo, darvos a benvida e recordarvos que podedes estar ó tanto de todas as actividades que levamos a cabo instalando a APP.

Recibide un saúdo da directiva da ANPA

HORARIO DE ACTIVIDADES ANPA

Descarga AQUÍ as normas de entrega e recollida nas actividades da ANPA

SITUACIÓN DAS PORTAS

  1. PORTA Nº1:
    • Entrega en acollida temperá e almorzo
    • Recollida do comedor para rapaces de INFANTIL (salvo aqueles con irmáns en primaria)
  2. PORTA Nº2:
    • Recollida do comedor para rapaces de PRIMARIA (xunto cos seus irmáns de infantil)
    • Entrega e recollida de EXTRAESOCOLARES